IX Anibeersario de O Carlete

11 Novembro, 2024

18:00

O Carlete

Así que, a golpe de luns e sen anestesia, anunciámosche o evento máis esperado do ano: o IX ANIBEERSARIO de O Carlete! Este sábado, 11 de novembro, temos unha celebración de categoría para festexar os nosos 9 anos de cervexas, risas e bo ambiente no corazón de Vilariño (O Hío).

🕕 Planazo a partir das 18:00:

  • 🎶 Música en directo con París de Toya e Mediarea: que non pare a festa!
  • 👕 Camisola edición especial por só 5 € para levar un anaco de O Carlete contigo.
  • Futbolín de balde: quén será o rei ou raíña do futbolín este ano?
  • 🎡 Ruleta con premios: proba sorte e leva algún dos nosos agasallos especiais.
  • 💰 Prezos de escándalo nas túas cervexas favoritas, como sempre!

🎂 Por qué celebralo con nós?
Porque 9 anos non se cumpren todos os días, e queremos compartir este momento contigo, que formas parte da nosa familia cervexeira. Xa sexa pola nosa selección única de cervexas artesanais galegas e de importación, polo ambiente sempre acolledor ou polos momentos inesquecibles, este é o día para brindar por moitos máis anos xuntos!

👉 Anota a data e ven con todas as ganas! Porque se algo sabemos en O Carlete, é como montar unha boa festa. Estaremos agardando por ti con música, premios e, por suposto, cervexas fresquiñas. 💚

Loading...