XOGOS DA SANTA SEDE

17 Abril, 2025

15:00

O Carlete

Do 17 ao 20 de abril, en O Carlete, deixamos os cálices e imos directos ao que realmente importa: a boa birra. Chegan os Xogos da Santa Sede, unha celebración divina onde a fe se mide en selos… e en litros de cerveza artesanal.

Porque neste templo, o único milagre que buscamos é converter a birra en máis birra

Como funciona esta liturxia líquida

  1. Colle a túa tarxeta na barra
  2. Cada birra “especial” consumida = 1 selo
  3. Ao chegar a 9 selos, a 10ª birra é de balde

Podes participar os catro días. Canto máis bebas, máis opcións tes de acadar a gloria.

📊 RÁNKING EN TEMPO REAL
Imos actualizar diariamente o ránking oficial de fieis bebedores
Podes consultalo aquí 👇

🔄 Se non se che actualiza recarga páxina e senon podes velo directamente neste enlace

PREMIOS DIVINOS (que nin o Vaticano…)
🥇 O Mesías da Birra: a persoa que máis cervexas consuma durante os xogos será coroada co título máis sacro do Morrazo e levará un barril de cervexa GRATIS

🥈 Os 5 primeiros do ránking tamén levarán premio e o recoñecemento eterno da comunidade de fieis.

Loading...