BILLAS PARA OS XOGOS DA SANTA SEDE

17 Abril, 2025

13:00

O Carlete

Do 17 ao 20 de abril, en O Carlete, deixamos os cálices e imos directos ao que realmente importa: a boa birra. Chegan os Xogos da Santa Sede, unha celebración divina onde a fe se mide en selos… e en litros de cerveza artesanal.
Estas serán as billas que pincharemos para que poidades participar no xogo. Se queres consultar a clasificación ou as regras preme aquí.

✝️ AS CERVEXAS DOS FIEIS


📅 XOVES 17

🍺 Baztan (Bidassoa Basque Brewery)

Sabor divino, corpo de apóstolo.
Evanxelio líquido:
Tostada coma o inferno e cálida como un sermón longo. Maltosa, redonda e feita para compartir en comuñón.

Estilo: Ambrée – Tostada | 5,5% vol
Orixe: Irún, Euskadi
🔗 bidassoa.beer

🍺 Roller Skates (Naparbier)

Celestial e móbil, como un milagre.
Palabra do Señor:
Os anxos non levan patíns… pero se levas un par de birras desta, igual ti si. Tropical, fresca e bailonga.

Estilo: Wheat IPA – Hazy Pale Ale | 5,5% vol
Orixe: Noáin, Navarra
🔗 naparbier.com


📅 VENRES 18

🍺 Astronaut for Fear (Naparbier)

Unha hostia de sabor… galáctica.
Lectura do Apóstolo Lúpulo:
Sube ao ceo sen morrer. Unha NEIPA galáctica, cargada de lúpulo, aromas tropicais e fe para viaxar entre as estrelas.

Estilo: NEIPA – Hazy IPA | 6,5% vol
Orixe: Noáin, Navarra
🔗 naparbier.com

🍺 TÍU (Mala Gissona)

Salvaxe como Xoán Bautista.
Versículo mariñeiro:
Esta IPA fala en linguaxe mariñeiro: seca, resinosa e con carácter atlántico. Un cristo de cervexa de mar aberto.

Estilo: Rye IPA | 6,0% vol
Orixe: Oiartzun, Euskadi
🔗 malagissona.beer


📅 SÁBADO 19

🍺 Django R. Blanche (Mala Gissona)

Santa e cítrica. Amén.
Salmo refrescante:
Fresca coma unha misa de mañá, con cítricos e especias para salvarte da calor e da tentación.

Estilo: Blanche – Witbier | 5,0% vol
Orixe: Oiartzun, Euskadi
🔗 malagissona.beer

🍺 Red Bay (Mala Gissona)

Tostada e reveladora.
Epístola vermella:
Un cáliz vermello de malta e herbas, cunha lixeira dozura que podería convencer mesmo a Xudas.

Estilo: Rye Red Ale | 5,2% vol
Orixe: Oiartzun, Euskadi
🔗 malagissona.beer


📅 DOMINGO 20

🍺 942 Sen Glute (Dougall’s)

Pura, sen glute e con graza.
Pasaxe limpa de pecado:
A birra que beben os anxos celíacos. Lixeira, floral e perfecta para comungar sen pecado (nin glute).

Estilo: Golden Ale | 4,2% vol
Orixe: Liérganes, Cantabria
🔗 dougalls.es

🍺 Leyenda (Dougall’s)

Sagrada e canonizable.
Libro da Revelación Maltosa:
Unha Amber Ale tan equilibrada que podería ser o Evanxeo líquido. Sabores suaves, bo corpo e final redentor.

Estilo: Amber Ale | 5,8% vol
Orixe: Liérganes, Cantabria
🔗 dougalls.es

Loading...