BARRIL ADICIONAL

130,00 IVE incl.

Algúns barrís será necesario pedilos e poden tardar ata 7 días.
Hai barrís que é necesario retornar xunto co Lindr.

COMPLETA A TÚA RESERVA

Icono grifo Lindr

ESCOLLE LINDR

Selecciona un ou dous grifos dependendo da dispoñibilidade ou necesidade.

Icono barril

ESCOLLE BARRIL

Temos máis de 30 tipos de cervexa a túa disposición, escolle a que máis che guste.

Icono datas

SELECCIONA AS DATAS

Marca no calendario as datas da reserva e engádena á cesta. Complétana cun barril adicional ou vasos retornables se o precisas.

Icono envío Pontevedra

LISTO PARA DESFRUTAR

Levámosche o dispensador a calquera parte de Pontevedra. Para outras ubicacións contacta con nós.

PREGUNTAS?

Que é un Lindr?

Un dispensador de cervexa portátil para que desfrutes da túa cervexa de barril favorita en calquera parte.

Como funciona?

Só precisas un punto de electricidade. Enchufas o Lindr, instalas o barril e listo para desfrutar de cervexa fresca.

Fianza

Cando escollas o BARRIL+LINDR deberás abonar unha fianza de 100€ a maiores que che será devolta se recollemos o dispensador (Lindr) en perfecto estado. No caso de que a maquinaria esté danada a fianza devolverase despois da deducción dos custes de reparación.

Envíos

Actualmente só servimos o material para festas na provincia de Pontevedra. As tarifas de envío varían en función da distancia á que te atopes.  Se precisas que o enviemos a outro lugar do país podes contactar con nós.
Tamén podes recoller o material no local do Carlete na Rúa David Cal, 13 (O Hío) en Cangas do Morrazo.

Devolución barrís

Dependendo da cervexa que escollas hai barrís non retornables e outros que sí. En caso de escoller un barril retornable serás notificado e deberáse devolver xunto co dispensador en perfecto estado para que che devolvamos a fianza.

Loading...
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVoltar á tenda