BILLA A CEGAS

28 Marzo, 2024

12:00

O Carlete

Esta Semana Santa, no Carlete temos un reto que non podes perder: Santa Cata á Cegas. Prepárate para unha aventura sensorial onde podes gañar premios simplemente por gozar das túas birras favorita 🕶🍺

Desde este Xoves, acepta o reto de descifrar os segredos das nosas billas. Con 16 cartulinas espalladas polo noso establecemento, cada unha representando un estilo de cerveza distinto, o teu reto será acertar 8 delas. É a túa oportunidade de demostrar o teu coñecemento cervecero e ir a por todas no ALL IN 🤪

Acerta e gaña – se logras identificar 8 cervezas correctamente, celebrarás con 2 pintas gratis; 7 acertos tradúcense nunha pinta, e con 6 acertos, levarás 1 caña. Pero iso non é todo; todos os participantes entrarán nun sorteo de dúas barras libres, multiplicando a diversión 🍺

Sabemos canto amas as nosas birras, e por iso queremos premiar a túa fidelidade e coñecemento con esta cata a cegas tan especial. É unha oportunidade perfecta para disfrutar cos teus colegas,  explorar novos sabores e, quen sabe, descubrir a túa nova birra favorita 💚

 

Loading...
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVoltar á tenda