Envíos e devolucións

Gastos de envío

Compras

Para entregas a toda a Península: pack 6 unidades 4,75€, pack 12 unidades 6,75€, pack 24 unidades 9,75€ e a partir de 50€ gastos de envío gratuitos (exlcuídos destas condicións os produtos que precisan reserva como os Lindr).

Reservas

Para entregas limitadas soamente á provincia de Pontevedra: no concello de Cangas 10€, no resto da comarca do Morrazo 15€ e no resto da provincia de Pontevedra 20€ (exlcuídos destas condicións os produtos que NON precisan reserva como os Lindr).

Condicións de envío

Entrega en máximo 3 días laborais en Península dende a confirmación do envío.

Se durante a entrega do paquete o cliente atópase ausente, tras chamalo e confirmar que está ausente, o paquete trasladarase ó punto de recollida máis próximo ó domicilio. Enviarase unha notificación para que o cliente poda recollelo no horario que mellor se adapte ás súas necesidades.

Se no prazo de tempo indicado na notificación por ausencia o cliente non recolle o pedido, este será devolto.

BIRRAS BAIXAS, S.L. non se fai cargo dos impostos de aduanas.

Cambios e devolucións

Podes cambiar e devolver os produtos de merchandising e vaixelas nun prazo máximo de 30 días dende a data de compra do produto (sempre que estea en boas condicións e non fose usado ou modificado).

As cervexas non se poderán devolver se foron abertas ou non están en perfecto estado.

Os custes do envío para a devolución ou cambio correrá a conta do cliente salvo que o produto chegase danado ou deteriorado por responsabilidade de Birras Baixas SL.

Efectuaremos os cambios que precises, pero non devolvemos os cartos. Sempre podes escoller outro artigo na nosa web.

Para efectuar un cambio ou devolución escríbenos a info@ocarlete.gal solicitándoo. Especifica o número de pedido e os artigos a cambiar, no caso dunha devolución por mal estado ao recibilo tamén terás que adxuntarnos unha imaxe.

Loading...
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVoltar á tenda